Ir al contenido principal

Entradas

2025: Centenario da morte de Manuel Lago González

A nosa cidade de Tui se identifica xeralmente con conceptos de patrimonio cultural pois os seus principais elementos referenciais teñen que ver con este legado monumental.  Pero nas últimas décadas asistimos a unha evolución do concepto de patrimonio que transita dende o conxunto de monumentos, xacementos arqueolóxicos e vestixios que posúen unha significación singular derivada da súa antigüidade ou dos seus valores artísticos, para converterse nun conxunto de bens tanxibles e intanxibles que recollen e expresan a herdanza cultural dun pobo. Por conseguinte o noso patrimonio está integrado non unicamente pola catedral e o conxunto histórico, senón tamén por un amplo abano de elementos inmateriais que temos recibido ao longo do tempo e que tamén conforman e determinan a nosa personalidade colectiva, a nosa identidade como comunidade. Un destes elementos inmateriais son as figuras egrexias que ao longo do tempo teñen sinalado fitos no devir histórico da nosa cidade e que se manteñen
Entradas recientes

“San Telmiño queridiño”, un poema de María Parrado sobre os cambios na catedral na década de 1950

  Hai días no decurso dunha conversa familiar levounos a rebuscar en vellos papeis de lembranzas maternas; entre estampas, recordatorios e fotos fomos dar cun folio ben pregado que ao abrilo deparounos a sorpresa dun poema. A primeira ollada foi na procura da súa sinatura e a data: outubro de 1958 – María Parrado. Nun acelerado proceso de recuperación da memoria lembramos como hai tempo tiñamos lido este poemiña, ficando dende aquela no esquecemento do que acaba de ser rescatado por esta casualidade que apuntabamos. Lembro a figura de María Parrado e a súa sona de que compuña poemas cos que agasallaba aos amigos e coñecidos. Este supoño foi o caso que nos ocupa. Escasas son as noticias recopiladas neste días en torno a María Parrado; era irmá de Gaudencio Parrado, ao que lembramos como último propietario de “El Cielo” a tenda de tecidos, fundada a finais do século XIX, que tiña a súa sede no Cantón de Diomedes esquina coa Corredeira e que nos inicios dos anos setenta pechou defin